POBOS
Manuel María foi un gran coñecedor e amante da Terra Chá. Neste poema, recitado polo alumnado, recóllense algúns dos moitos topónimos que atopamos ao longo da comarca. O traballo de guionización, recitado e gravación audiovisual foi realizado na Biblioteca Escolar Agustín Fernández Paz do Basanta Silva e nel participou alumnado e profesorado do IES. A montaxe técnica foi realizada por Antón Figueira Tenreiro.
POBOS
O monte é raso. Carqueixas. Máis alá
unha terra moura, a mourear.
¡Povos sen terras! ¡Fanegas de soidá!
¡Povos humildes, ciscados pola Chá:
Taboi, Cela, Mosteiro, Bonxe, Aguiar,
Folgueira, Matela, Sobrada, Arcillá!
Despois: ¡Xustás, Ludrio, Ansemar,
San Fiz, Arcos, Bendia, Couto de A,
Loentia, Castro, Azúmara e Bazar…!
¡Abadín, Rábade, Cospeito, Guitiriz,
Castro de Rei, Xermade e A do Monte!
¡Outeiro de Rei, Moncelos e Mondriz…!
¡Táboga, Trobo, Lanzós e máis Begonte,
O Santo, Quintela, Rozas e Goiriz…!
¡En tanta inmensidade e tanto monte,
Vilalba, a branca, sorríndose feliz!
Manuel María. Terra Chá (1954)